Prosas vadias

Em galego nos entendemos, pois então!

Directamente da Blogoteca do Deambulatório de un can sen dono, conclusões sobre o presente: [...]servicios públicos de inferior calidade, falla de mantenemento das grandes infraestructuras ou retraso na súa execución, evaporación do colchón do (presunto) superávit tanto do Estado como da seguridade social, etc., etc. O seguinte paso xa o coñecemos: berros de descontento entre as filas dos alporizados usuarios e barullo no área… os incautos pregarán para que entre a dereita en escea a “poñer orde” (sic), e pasado mañá privatizacións a esgalla con nocturnidade, alevosía e, por suposto, premeditación. Para que así eses cidadáns de ingresos modestos ós que se lles rebaixou “n” na tómbola fiscal acaben tendo que pagar “n + 100” se queren acceder a unha sanidade (privada) digna, para enviar ós fillos ós colexios (tamén privados) decentes, e así sucesivamente. Porque, por se alguén non o lembra, ós ricos non lles gusta acudir ó ambulatorio do barrio a facer colas cos descamisaos , senón a clínicas para a beautiful people, e os seus cachorros non van ós colexios ou institutos públicos, senón que son enviados a estudar a colexios de a 500 euros mensuais ou directamente a London ou por aí adiante, a aprenderen idiomas ou o que lle cadre. Tampouco fían na seguridade social e amasan cartos nesas maseiras opacas chamadas plans de pensións e xubilación... Daí o desapego que mostran con total descaro e desfachatez á hora de teren que rañar o peto e contribuir a sufragar os gastos duns servizos públicos dos que eles participan en menor medida que o resto de nós, a chusma."
Está dito e compreendido perfeitamente.

0